lunes, 2 de noviembre de 2015

Andaina de Cortegada

Moi boas!

Ainda que non o pareza, non me esquezo deste proxectiño que teño aquí. Pero entre falta de tempo, e cousiñas varias, teñíao un tanto abandoado.
Para darlle vidilla vouvos falar dunha andaina que fixen fai un par de semanas no concello de Cortegada. Tratábase dunha andaina organizada polo Concelloe onde por so 8€ tiñas dereito a un agasallo por participar, 4 paradas de avituallamente e comida ao chegar á meta. Este foi o 8° ano que a fixeron: recoméndovos ir o 9°.
Pero se queredes ir antes a descobrir este lindísimo concello, éste dispòn dunha ruta de senderismo:

Comezo da Ruta: Balneario de 1937
Coordenadas: 42°12'11.1''N 8°10'27.4''W
Descrición: Percorre gran parte do Concello. Comeza no Balneario do río pasando polo alto da Barca: aldea abandonada por onde pasaba o camiño real Vigo-Castilla. Ésta aldea foi abandoada pola construción do embalse. Seguimos dirección o Bao, San Bieito do Rabiño, Soutelo, Seixomil, Refoxos (neste lugar veremos un priorato pertencente ao Mosteiro de Celanova). Seguindo o camiño chegaremos a Muradelle, Abelenda, Pontetrado, Vilanova e de novo Cortegada.
Esta ruta lévanos a través de pradeiras, bosques de ribeira onde sendearemos entre carballeiras centenarias, pontes romanas e fermosos exemplos de arquitectura relixosa como a igrexa de San Bieito do Rabiño, San Martiño de Valongo...
Lonxitude: 22,42 km
Grado de dificultade: media/alta
Tempo: 4 horas 8 minutos
Circular:

No hay comentarios:

Publicar un comentario