lunes, 30 de noviembre de 2015

El regreso del Catón - Matilde Asensi

Boas!
Desta volva toca falar de libros: outra das miñas grandes paixons. Xa dende nena, son unha enamorada da letura, e ainda que tiven épocas de ler pouco por falta de tempo,volvo a estar a pleno rendemento.
O último libro que rematei é 'El regreso del Catón´. Trátase da segunda parte de 'El Últimos Catón´. Cos mesmos protagonistas, moito maiores, e acompañados de novos 

personaxes, a autora volve a sumerxirnos nunha trepidante aventura onde se mezclan historia e presente. Nesta ocasión, os nosos protagonistas teñen por diante unha investigación, que lles leva a perseguir os movementos dos osarios Xesús de Nazaret maila súa familia ao longo dos séculos.
A historia engancha, e moito. Pero a min persoalmente gustoume mais o anterior. Este encantoume, pero hai cousiñas collidas con pinzas e que case rozan a ciencia fición, que fan que non o valore tanto como o anterior.
De todos xeitos, recoméndovos a todos a sua lectura.

Título: El Regreso del Catón
Autor: Matilde Asensi
Valoración persoal: 4/5
Páxinas: 544
Amazon:  www.amazon.es/regreso-del-Catón-Matilde-Asensi-ebook/dp/B011AHOYAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario