domingo, 19 de julio de 2015

Petróglifo do Outeiro do Cribo

Bos días!

Hoxe toca darlle continuidade a este proxecto, que tivo un parón por motivos informáticos. No verán, non todo é praia e festas, senón que tamén hai tempo para ir visitar sitios interesantes. Onte, sin ir mais lonxe, tocou ir á Armenteira (Meis), a ver o Petróglifo do Outeiro do Cribo.

Está mais ou menos ben sinalizado, cousa pouco común, xa que normalmente a sinalización na nosa terra é moi decifiente: mais dunha vez cheguei a destino de casualidade despois de dar mil voltas... Subindo á Armenteira, hai que meterse pola ruta BTT que vemos sinalizada. Avanzando pola ruta vemos o seguinte sinal:



Pois enfrente deste sinal hai un carreiro estreitiño. Seguímolo e pouco mais adiante temos o petróglifo.

Grabados sobre unha roca granítica e localizados nunha parte de superficie plana e lixeiramente inclinada. Os motivos están dispostos de xeito vertical.
Na parte de arriba atópase un labirinto de tipo Mogor duns 60 cm. de diámetro, atravesado por un trazo recto que parte do seu centro cara á dereita, saíndo da súa perímetro. Sobre este motivo pódense observar unha serie de trazos indeterminados, posiblemente de factura moderna.

Debaixo do labirinto podemos diferenciar un grupo de cérvidos formado por un macho, fácilmente identificado polo sua cornamenta e cunha lonxitude de 57 cm. e unha femia duns 36 cm. de lonxitude. Ambos animais levan unidos aos seus cuartos traseiros uns trazos curvos que se poden interpretar como que están arrastrando algo. Sobre os cervos existen unha serie de trazos inconclusos que poden suxerir figuras incompletas doutros animais.

No extremo inferior dereito observamos unha cazoleta, e outro cervo macho esta vez de menor lonxitude, aproximadamente uns 30 cm. e dous círculos concéntricos de 20 cm. de diamétro con 4 cazoletas no seu interior.

Cabe destacar a presenza, na parte central á esquerda dos motivos expostos anteriormente, dunha escena de equitación que tanto pola súa técnica de gravado como pola súa morfoloxía pertence a unha época posterior ao resto dos motivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario