martes, 26 de mayo de 2015

Casa Muiño das Maquias


Hoxe vouvos falar dun lugar que atopei de casualidade trastellando na rede: a casa muidos das Maquias. Despois de ver a foto nun blog, non parei ata ir a visitalo. E debo decir que é moito mais bonito na realidade do que poida mostrar calquera foro. Parece un lugar máxico, de lenda, onde non che sorprendería atopate cunha meiga ou un duende.
Está situado na parroquia de Zamáns, no concello de Vigo. Atópase, mais concretamente, aos pés do encoro de Zamáns. Trátase dun conxunto etnográfico, composto por dous muiños. O principal, que aparece na foto, era tamen unha vivenda. Tiñas duas plantas, e incluso un pórtico   petreo. É posible ver como chegaba a auga ata eles a través das conducións. Os dous conservan todas as canles e acueductos que levaban a auga ata os muiños no fai tantos anos. Eu, persoalmente, é a primera vez que vexo un muiño así.

A Maquía era a porción que lle correspondía ó muiñeiro a cambio de moer gran.

Parece ser, que a finais do século XX, o muiño foi reconstruido para fomentar as ensinanzas sobre a cultura do pan. Por desgraza, a día de hoxe, volve a estar en estado de abandono e ruinas. É unha pena que se deixen perder este tipo de cousas, tan nosas, con tanta beleza e tan ben reprenta o noso pasado.

-X-

lunes, 25 de mayo de 2015

Arrancamos!

Hoxe comparto un anaco de min. Ou moitos. Ou pode que ningún. Hoxe quero comezar a compartir co mundo as miñas inquedanzas, os meus intereses... Quero compartir eses recunchos máxicos da miña terra. Eses lugares da Galiza que te feitizan, que te fan soñar cos ollos ben abertos, mentres absorves ata o último milímetro do que che rodea.
Non sei se esta viaxe será longa ou curta. Non sei se será constante ou con etapas distanciadas no tempo. Nin tan sequera sei se haberá alguén que me acompañe. Pero si sei que comeza con ilusión, con ganas, e con moitas ganas de disfrutar compartindo cachiños do meu mundo, neste anaco de min,

-X-