lunes, 9 de noviembre de 2015

Ruta dos Muiños de Vento

Ría de Arousa

Moi boas!

Este finde tivemos tempo de verán en pleno outono, así que aproveitando que parou a choiva e saiu o sol, tocou facer unha rutiña. Nesta ocasión fun ata Catoira, a facer a Ruta Dos Muiños de Vento.

Trátase dun percorrido circular cun desnivel de 200 metros nos que se pode disfrutar dunhas impresionantes vistas da Ría de Arousa. Pola camiño temos cousas tan interesantes como os petroglifos de Barral os propios muiños de vento, os cales están ao longo da localidade de Catoira e na parroquia de Abalo. O percorrida tamén nos leva por nucleos rurais formados por casas antigas agora xa restauradase.

A ruta remata cunha visita á Lagoa Pedrae Miúdas, sitas en Outeiro da Vila e que se formaron na cunca dunha antiga canteira de pedra. Este espazo alberga auga de excelente calidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario